Funergal pecha a súa 12ª edición con máis de 4.500 asistentes

OurenseXa
Funergal 2024 superou todas as expectativas tras aumentar un 11% as visitas recibidas durante esta edición, que se consolida como cita de referencia do sector funerario en Galicia
Funergal 2024
20 Maio 2024

Funergal pechou este domingo en Expourense as portas da súa 12ª edición tras dúas xornadas e media de intensa actividade comercial e formativa durante as que recibiu o apoio dos profesionais do sector.

En total, esta cita recibiu máis de 4.500 visitas, un 11% máis que na edición de 2022, superando todas as expectativas e consolidándose como aa cita de referencia do sector funerario en Galicia.  Esta edición contou coa participación de 55 expositores de 8 países.

Esta edición de Funergal incluíu, ademais, o 3º Congreso Internacional de Directivos Funerarios que reuniu a 14 expertos e que contou cunha boa asistencia, xa que ao redor de 400 profesionais seguiron os relatorios do congreso.

Premios Funergal Internacional

Os Premios Funergal Internacional creáronse en 2012, para celebrar o gran salto cualitativo que deu esta cita ao ser recoñecida como feira internacional polo Goberno de España. Os premios deste ano recoñeceron, precisamente, os eixos sobre os que está a virar a evolución do sector funerario: tecnoloxía e sustentabilidade.

O Premio á Mellor Caseta (Infuner) foi para Invvovacións Funerarias, que tamén resultou gañadora da na edición anterior. O Premio á Mellor Acción Promocional recaeu na empresa Tellmebye, mentres que o Premio á Internacionalización foi para Minitrucks Robotics. Por último, o Premio ao Mellor Produto/Servizo Innovador foi para Aerodrop.

Esta 12ª edición estivo patrocinada pola Deputación Provincial de Ourense e tamén contou co patrocinio dos grandes grupos empresariais de prestación de servizos funerarios do país como Interfunerarias e Grupo Albia, a colaboración de Enalta.

0.14535617828369