'Funtastik' celebra a súa primeira edición co obxectivo de fomentar a práctica deportiva entre os máis pequenos

OurenseXa
A iniciativa, que estará aberta ao público entre o 4 e o 13 de outubro, conta xa con máis de 20 colexios inscritos
Presentación de Funtastik
Presentación de Funtastik
2 Out 2024

A primeira edición de 'Funtastik. No limits', chegará entre o 4 e o 13 de outubro a Expourense. O evento que aglutina formación e diversión a través dun espazo de multiexperiencias para todas as idades, co obxectivo de fomentar a práctica deportiva entre os pequenos e pequenas, así como educar nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible a través de xogos e actividades.

A iniciativa conta xa con máis de 20 colégios inscritos polo que desde a Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense consideran que esta primeira edición será “un éxito e consolidarase no calendario provincial”.

Funtastik celebrarase no recinto feiral de Expourense, do 4 ao 13 de outubro, ofrecendo espazos e experiencias diferenciadas adaptadas a todos os públicos, en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas. As entradas poden adquirirse por un prezo de 9 euros a través de ataquilla.com ou fisicamente en Expourense pola semana.

Precisamente, Funtastik contará cun espazo temático dos “Pitufos” para educar nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible mentes desfrutan con xogos interactivos, un espazo de “Lego” onde os rapaces e rapazas poderán desenrolar a súa creatividade, así como múltiples experiencias como un circuíto de inchables xigantes, pistas de xeo ecolóxico, circuítos de obstáculos, entre outras actividades que estarán supervisadas por monitores.

0.15742516517639