Galiciencia pecha a súa décimo novena edición con máis de 5.400 participantes

Galiciencia, a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade, promovida polo Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole- desde o ano 2006, clausura este venres a súa décimo novena edición, con máis de 5.400 participantes. Busca achegar a ciencia á sociedade, en particular aos estudantes de Primaria, Secundaria, Educación Especial, FP e Bacharelato. Desenvólvese en colaboración coa Consellería de Economía e Industria e a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología – Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades. Mañá mércores, 8 de maio, dáse o pistoletazo de saída da feira -ás 10:00 horas-, que se prolongará ata o venres.
Esta 19ª edición, na que tamén se puido participar de xeito online, desenvolveuse baixo a temática “Mellor, de Madeira”, un material que o Parque quere promover de xeito particular, en liña cos seus obxectivos de desenvolvemento sostible. Así, na feria púxose de relevo a importancia da madeira como material sustentable, con múltiples beneficios para o noso planeta por ser un produto renovable, biodegradable e cunha ampla variedade de aplicacións en campos diversos como a construción e a fabricación. Preto de 300 rapaces e rapazas de 32 centros educativos diferentes participaron cos seus proxectos nesta edición de 2024. Por provincias, de Pontevedra hai 12 centros, de Ourense 7, da Coruña 7 e de Lugo 5; e, de fóra de Galicia, hai un centro de Barcelona. Asistirán á feira con visitas organizadas unhas 2150 persoas, tanto docentes como alumnos, de toda a comunidade.
Nesta edición presentáronse un total de 106 proxectos, dos que finalmente se seleccionaron 79 propostas, procedentes de centros educativos de toda a comunidade galega, ademais de Cataluña. De maneira presencial concorrer 50 proxectos de Secundaria, Bacharelato e FP e 29 de Primaria. De xeito online participaron 20 proxectos de Secundaria, Bacharelato e FP. As diferentes actividades, tanto presenciais como en liña, aglutinarán este ano a máis de 5.400 participantes.
Durante estes tres días os equipos seleccionados para amosar os seus traballos científicos en Galiciencia expuxéronnos nos stands da feira. Así, explicaron as súas propostas ao público visitante, ensinándolles os seus prototipos, experimentos e resultados.
Ademais do concurso de proxectos, como cada ano, a feira complementouse con actividades que buscan achegar a ciencia e a tecnoloxía aos máis novos de xeito práctico e divertido. Así, realizáronse talleres científicos, espectáculos de ciencia e concursos diversos. É o caso do concurso de fotografía a través de Instagram, dirixido tanto ao alumnado como ao profesorado de Secundaria, Bacharelato e FP de toda España. Os asistentes á feira mesmo tiveron a opotunidade de participar nun programa de radio.
O xoves celebrouse a final do Desafío científico “Mellor, de Madeira!”. Durante os últimos meses alumnado desde 4º de Primaria a Bacharelato de toda Galicia participou nunha primeira fase online que constaba de tres retos. Os finalistas enfrontaranse agora nesta derradeira fase, que será presencial.
Premios "Atrévete coa Madeira!"
Na xornada do xoves celebrouse a final do Desafío científico “Atrévete coa Madeira!”, no que durante os últimos meses participou alumnado desde 4º de Primaria a Bacharelato de toda Galicia de xeito online. Sumáronse a esta aventura un total de 240 equipos, 647 rapaces e rapazas de 34 centros educativos diferentes.
O gañador na categoría de Primaria foi o equipo “Los líderes”, integrado por Saleta, Mateo, Leo e Adriana, do Colexio Plurilingüe Maristas Santa María de Ourense. Idearon un xogo tipo “Memory” coas árbores como protagonistas, un xeito ameno de coñecer diferentes tipos de especies e as súas principais características, como a árbore máis lonxeva, a máis común en Galicia, a máis alta, a máis perigosa… “Para nós foi unha maneira moi divertida de aprender xogando” -manifestan os membros do equipo-. Ademais, valorouse o feito de que para a realización do xogo empregaron materiais reciclados vencellados coa madeira como caixas de froitas.
Na categoría de primeiro a terceiro de Secundaria gañou o equipo “Madeiramakers”, formado por Rodrigo, Daniel e Manuel, do Colexio Santa Teresa de Jesús Carmelitas de Ourense. A súa proposta foi transmitir de xeito teatralizado a importancia da madeira e os seus usos. “Se non hai madeira non se poden facer moitas cousas. Queremos concienciar sobre o problema que representa a tala masiva de árbores porque se non hai árbores quedamos sen recursos fundamentais para todos nós” -salientan-.
Na categoría de cuarto de Secundaria a Bacharelato os vencedores foron “Micorrizas”, do que forman parte Simón, Uxía e Damián, do IES Aquis Querquernis de Bande (Ourense). Propoñen facer hoteis para insectos e colocalos na contorna do seu instituto “para favorecer a biodiversidade e respectar aos animais que nos rodean como escaravellos, bolboretas, xoaniñas…”. Para iso empregan madeira reciclada e teñen en conta as necesidades específicas de cada especie e os seus ciclos vitais, froito dunha investigación previa realizada polo equipo.