Grison Beatbox e Ángel Martín serán os convidados do ciclo de humor “Para o que me queda no convento ríome dentro"

OurenseXa
O festival de humor regresará ao Claustro Barroco de Celanova os días 18 de xullo e 3 de agosto
cartel-para-o-que-me-queeda-no-convento-2025
18 Mar 2025

O ciclo de humor "Para o que me queda no convento ríome dentro" xa ten cartel para a súa edición de 2025. Celebrarase os días 18 de xullo e 3 de agosto, e contará coas actuacións de Grison Beatbox e Ángel Martín, respectivamente.

Este ano, o festival cumpre a súa cuarta edición, levando ao Claustro Barroco do Mosteiro de San Salvador de Celanova a algúns dos mellores humoristas do país. Para a edición deste ano, xa se levan vendidas máis de 300 entradas, consolidándose como unha das mellores citas co humor na provincia.

Na edición anterior, o festival estivo protagonizado por Carlos Blanco e Xosé Antonio Touriñán, que reuniron a centos de espectadores neste emblemático espazo.

⚙ Configurar cookies
0.12687397003174