Inaugurada a exposición de Pintura Xove, Cromática VIII, na Sala Valente
OurenseXa
A Fundación Cum Laude dá unha oportunidade aos pintores máis novos
O alcalde, inaugurando o acto
16 Xul 2024
O alcalde, Gonzalo P. Jácome, acudiu á inauguración de Cromática VIII Bienal de Pintura Xove na Sala Valente, que ten como obxectivo dar unha oportunidade a pintores novos, de entre 18 e 35 anos, para expoñer os seus traballos máis significativos.
O alcalde animou aos xoves pintores que expoñen as súas creacións máis representativas a perseverar no continuo esforzo que supón o traballo creativo.
A mostra poderá visitarse do 13 de xullo ao 14 de setembro na sala municipal, organizada pola Fundación Cum Laude.