Incentivan as vendas no comercio de Verín con máis de 2 millóns de euros

OurenseXa
A finalidade última, asegurou, debe ser concienciar á clientela da importancia de apostar polas compras de proximidade
mollate-por-verin
19 Ago 2024

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou nos actos da campaña 'Móllate polo comercio', apoiada pola Xunta e organizada por CCU Aever Verín, a integración do Centro Comercial Urbano de Verín na Asociación de Empresarios e Empresarias desta localidade ourensá.

O director xeral valorou a aposta por converter Verín nun parque acuático por un día co obxecto de atraer ás familias e a todo tipo de públicos ao tempo que se incentiva a mobilidade dos clientes polas rúas comerciais e, en consecuencia, as vendas no comercio local.

A finalidade última, asegurou, debe ser concienciar á clientela da importancia de apostar polas compras de proximidade, que non só garanten produtos de máxima confianza e calidade, senón tamén o mantemento do tecido produtivo local que xera riqueza e vertebra o territorio.

O Goberno galego apoia a campaña Móllate polo comercio de Verín no marco dunha achega próxima aos 50.000 euros destinada á asociación empresarial do municipio dentro da convocatoria para a innovación e dinamización dos centros comerciais abertos, á que este ano se destinan en total 2,25 millóns de euros.

Con estas achegas, subliñou Gabriel Alén, o Executivo autonómico financia actuacións de dinamización comercial, fidelización de clientela, dixitalización ou para o mantemento da unidade xerencial. Grazas á aportación da Xunta, os beneficiarios teñen a oportunidade de financiar gastos derivados de campañas de dinamización, feiras de oportunidades oueventos de promoción comercial. Tamén descontos de aparcamentos vencellados coas vendas, envíos en liña, mantemento de marketplaces, ou de desenvolvemento de apps de fidelización.

0.18917083740234