?> Investigadores do campus de Ourense exploran as aplicacións dos drones ante os retos da sociedade en OurenseXa

Investigadores do campus de Ourense exploran as aplicacións dos drones ante os retos da sociedade

OurenseXa
Investigadores do Campus de Ourense presentaron no Centro Cultural Marcos Valcárcel a publicación "Applying drones to current societal and industrial challenges"
drons
Investigadores do Campus de Ourense presentana publicación Applying drones to current societal and industrial challenges
Redacción Ourensexa
25 abr 2024

Investigadores do Campus de Ourense presentaron no Centro Cultural Marcos Valcárcel a publicación Applying drones to current societal and industrial challenges, onde exploran as aplicacións dos drones e as tecnoloxías de vangarda que impulsan a súa funcionalidade antes os retos que ten a sociedade e a industria. A publicación está editada polos profesores da Universidade de Vigo Diego Carou e Antonio Sartal e a J. Paulo Davim, da Universidade de Aveiro (Portugal).

O libro, indican os seus responsables, amosa como as aplicacións dos drones “serven como poderosos aliados para abordar diversas necesidades humanas”. Así, apuntan, abranguen desde a transformación de desafíos cotiáns como a conxestión do tráfico ata a mellora da eficiencia en campos como as operacións de busca e rescate, a protección de infraestruturas críticas e a medicina. Ao longo das súas páxinas, na publicación, sinalan os editores, “non só se mostran as aplicacións da tecnoloxía dos drones, senón que tamén arroxan luz sobre como estes vehículos poden revolucionar tarefas comúns como a entrega de paquetes cunha eficiencia sen precedentes”. Igualmente, engaden, o documento explora as complexidades tecnolóxicas, as consideracións regulamentarias e as demandas cambiantes dos consumidores actuais.

Ao ofrecer “unha visión holística”, comentan os editores, a publicación “proporciona aos lectores unha comprensión profunda da paisaxe polifacética que rodea á tecnoloxía dos drones”. En total, son once os artigos recollidos nas súas páxinas, asinados por un amplo abano de especialistas entre o que destaca a participación de membros de diferentes centros e grupos de investigación do eido científico e tecnolóxico da Universidade de Vigo.