Investigadores ourensáns crean unha ferramenta para definir mellores rutas nos aeroportos de drons

OurenseXa
Os investigadores do grupo Aerolab traballan na reación dunha ferramenta computacional que definirá as rutas máis seguras e eficientes para un aeroporto de drons urbano
Investigadores do grupo Aerolab
3 Xul 2024

O grupo da Universidade de Vigo Aerolab (Aerospace & Transportation Systems Laboratory) traballa, no marco dun proxecto estatal, na creación dunha ferramenta computacional que, baseándose en datos xeoespaciais, meteorolóxicos e de simulación de fluídos, definirá as rutas máis seguras e eficientes para un vertiporto en cidade, é dicir, para un aeroporto de drons urbano, informan desde a UVigo.

O proxecto ten unha duración de dous anos e esta financiado con 121.000 euros pola convocatoria Proxectos de Xeración de Coñecemento, do Ministerio de Ciencia e Innovación, e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional-Next Generation EU.

“Os vertiportos achegarán un novo modelo de conectividade urbana”, sinalan as e os investigadores da UVigo. Neste contexto, o obxectivo xeral de Safe-Vertiport é “contribuír a garantir a seguridade e a eficiencia de manobras de aterraxe e despegue de aeronaves en emprazamentos de vertiportos urbanos”, sinalan desde a organización.

0.20776414871216