Investigadores ourensáns ultiman un sistema tecnolóxico de inspección e mantemento de vías férreas

OurenseXa
Investigadores da UVigo, en colaboración con Copasa, traballan na obtención dun prototipo de sistema de inspección que contribúa a mellorar o mantemento preditivo dunha vía férrea mediante algoritmos avanzados
Investigadores do proxecto RIMM da UVigo
18 Jun 2024

A Universidade de Vigo e Copasa, Sociedad Anónima de Obras y Servicios, están a desenvolver un sistema de mellora das operacións de inspección e mantemento da superestrutura de vías férreas empregando sistemas ópticos de última xeración e algoritmos para o tratamento automático de información xeoespacial.

O proxecto, titulado Railway Inspection and Information Model (RIIM), arrancou no ano 2021 e actualmente atópase na recta final, na que a ferramenta deseñada está a superar os seus últimos ensaios. O socios do proxecto celebraron este luns no campus de Ourense unha xornada de avaliación do estado da tecnoloxía desenvolvida e de planificación da fase final.

O obxectivo, sinalan desde a UVigo, é "contribuír á mellora das operacións de inspección e mantemento da superestrutura de vías férreas, concretamente as relacionadas coa detección de fisuras nas travesas, a detección do estado das suxeicións do carril e do estado do balastro".

Os investigadores traballan na obtención dun prototipo de sistema de inspección que contribúa a mellorar o mantemento preditivo dunha vía férrea mediante algoritmos avanzados para o tratamento de información procedente de sensores ópticos.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19443702697754