Invístense 1,2 millóns de euros na construción dunha nova residencia de maiores na Peroxa

OurenseXa
A Xunta investirá tamén 600.000 euros para a construción dun centro de día en Vilamarín
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, nunha visita ao concello da Peroxa
29 Xul 2024

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, desprazouse esta fin de semana ata os concellos ourensáns da Peroxa e de Vilamarín. Na primeira localidade visitou, acompañada do alcalde, Manuel Seoane, a parcela onde se construirá unha residencia de maiores cun investimento por parte do Goberno galego de 1,2 millóns de euros. A continuación achegouse ata Vilamarín para revisar xunto ao alcalde, Amador Vázquez, o terreo onde se edificará un centro de maiores financiado integramente polo Goberno galego con 600.000 euros.

Estas actuacións desenvólvense no marco do Plan de Investimentos de 18,5 millóns de euros co que o Goberno galego financia unha vintena de proxectos de construción, reforma ou ampliación de residencias, centros de día, vivendas comunitarias e centros sociais que dependen dos concellos. Un plan acordado coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e dotado con fondos europeos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (NextGenerationEU).

Na visita a estes concellos, a conselleira destacou o compromiso da Xunta de Galicia coa universalidade e a proximidade dos servizos públicos, do berce ao bastón e ata o último recuncho de Galicia. Un modelo de atención e coidados que na Peroxa e en Vilamarín se traduce en medidas como o Bono Residencia, o Bono Coidado ou o Servizo de Axuda no Fogar, dos que se benefician veciños destas localidades.

0.20258903503418