Invístense máis de 315.000 euros na mellora da OU-0517 entre Vilanova e Soutopenedo

Os traballos que se están a realizar actualmente consisten no ensanche da estrada e a habilitación dun itinerario peonil
OU-0517 -vilanova-soutopenedo-san-cibrao
Traballos na OU-0517
5 Apr 2025

A Deputación de Ourense está a executar o proxecto de mellora integral da estrada provincial OU-0517, no concello de San Cibrao das Viñas, no tramo comprendido entre Vilanova e Soutopenedo, obras nas que investirá máis de 315.000 euros.

Tras unha primeira fase xa rematada hai dous anos, na actualidade realízanse traballos de ensanche da estrada e de habilitación dun itinerario peonil que vai desde Vilanova de Rante ás instalacións deportivas en Soutopenedo (piscinas e campo de fútbol) e o entorno da Bouteira. Neste caso o investimento supera os 158.000 euros.

Aínda haberá unha terceira fase na que se rematará o ensanche da estrada entre ambas localidades e procederase ao estendido dunha capa de firme na totalidade do tramo de actuación. O orzamento previsto para esta última fase é de máis de 127.000 euros.

⚙ Configurar cookies
0.1655490398407