Jácome defende o resultado das Festas de Ourense 2024 fronte aos feirantes e hostaleiros

OurenseXa
Segundo o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, as festas foron "todo un éxito" pese ás queixas recibidas desde a hostalería e os feirantes
Festa das Cores, 2024
24 Xuño 2024

As Festas de Ourense 2024 remataron este domingo con dúas versione moi diferentes. O goberno municipal, pola súa banda, fai un balance "moi positivo" das cinco xornadas e destacan "a grande participación do público en todas as actividades programadas polo Concello".

Así o manifestou esta mañá o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome: “as Festas de Ourense 2024 foron un éxito absoluto, como xa vén sendo habitual e in crescendo nos eventos festivos que organiza o Concello desde que asumimos o goberno municipal”.

Unha versión que dista da dos feirantes, que denunciaron a pouca afluencia de xente nas barracas por estar situadas no parque Barbaña, preto das actividades que se ofertaban gratis e que, de feito, amenzan con non volver ás festas da cidade o vindeiro ano.

As críticas chegan tamén da man do PSOE, que esta mañá denunciada, entre outras cuestións, que o Parque do Barbaña non foi o lugar axeitado para a celebración da festa das cores "xa que o lixo e o plástico derivado da mesma foi inxente e o río e as súas marxes están máis sucias”, pedindo ao goberno municipal que cambie de ubicación o vindeiro ano.

O programa foi outro dos puntos de conflicto, especialmente entre o concello e os socialistas, que xa tiñan tempo advertindo da falta de actividades culturais durante as festas, cun cartel que reducía a a orquestras e un único grupo musical. O alcalde, sen embargo, insiste no éxito da súa programación musical.

"En canto á parte musical, as formacións locais Golden Jazz, A banda da Balbina e Coral de Ruada encheron nas súas actuacións en Santa Eufemia, mentres que as orquestras e grupos fixeron as delicias de miles de persoas, enchendo a Praza Maior, a Alameda e o Pavillón (O Combo Dominicano chegou ao límite de capacidade de público); o concerto de Celtas Cortos ateigou a Alameda o venres polo noite e tamén foi un éxito a Festa de Fin de Curso coa Macro Discoteca Evolution xunto ao Pavillón", sinala o comunicado do Concello.

Pero sen dúbida, o principal punto de conflicto radica na localización do Mercado Medieval, Os hosteleiros da Praza Maior, que quedan sen terrazas con cada celebración, tiveron que presenciar, ademáis, como os postos do mercado instalábanse fronte as súas portas xerádolles enormes perdas económicas.

Neste senso, tamén os feirantes manifestaron “a escasa afluencia de xente” nas atraccións por estar situadas no parque Barbaña, preto das actividades que se ofertaban gratis. “E tampouco o lugar no que tivo lugar a festa das cores foi o máis axeitado, xa que o lixo e o plástico derivado da mesma foi inxente e o río e as súas marxes están máis sucias”, manifesta á lista a socialista. E engade que, de volver a organizarse, o espazo reservado para ela “debería de mudar”.

“O cartel reduciuse a orquestras e un único grupo musical. Á concelleira de Artes e Festexos olvidouselle que a nosa cidade continua sendo a terceira de Galicia e merecemos unhas festas acordes a elo”, sostén.

Por outra banda, non houbo rastro dos puntos violetas destinados a informar e dar auxilio a posibles vítimas de agresións sexuais. “Onde estiveron estes puntos, tan demandados pola oposición, que servirían de axuda e socorro en caso de precisalo? En definitiva, unha organización pésima na que non se tivo en conta o sentir e as necesidades da cidadanía de Ourense”, remata sobre os escasos cinco días de festas.

 

0.21919918060303