Jethro Tull chega a Ourense este sábado no marco do Ou Yeah! Festival

OurenseXa
Será o último concerto desta primeira edición do festival, que contou coas actuacións de The Waterboys, Morgan, La Guardia, Sés, Tesouro, Escuchando Elefantes e Habitación Vudú
presentacion-ou-yeah-ourense
6 Oct 2025

O Ou Yeah! Festival poñerá fin á súa primeira edición esta fin de semana en Ourense co concerto de Jethro Tull. A banda británica, liderada por Ian Anderson, actuará este 11 de outubro no Pazo dos Deportes Paco Paz cun espectáculo co que celebrará os máis de 50 anos de traxectoria do grupo.

A xornada será inaugurada polo guitarrista galego Iago Banet, co seu estilo de guitarra acústica fingerstyle, que mestura folk, blues, gypsy jazz, country e pop.

O festival conta co apoio da Xunta de Galicia e forma parte dos concertos do Xacobeo. Nesta primeira edición reuniu no seu cartel a The Waterboys, Morgan, La Guardia, Sés, Tesouro, Escuchando Elefantes e Habitación Vudú. O rock, nas súas múltiples vertentes marcou o pulso do festival, sempre cun espírito aberto á diversidade musical.

⚙ Configurar cookies
0.11619520187378