Joe Farnsworth e Sarah Hanahan actuarán en Ourense no XXVI Festival de Jazz Primavera
OurenseXa
O Café Latino de Ourense acollerá un ciclo de oito concertos ao longo do mes de maio
Joe Farnsworth e Sarah Hanahan actuarán en Ourense
4 Maio 2024
Joe Farnsworth e Sarah Hanahan chegan ao escenario do Café Latino de Ourense o 8 de maio ás 22.30 horas. O concerto inclúese dentro da programación de o XXVI Festival de Jazz Primavera de Ourense, que contará cun total de 8 concertos ao longo de todo o mes.
Farnsworth, un dos bateristas de jazz máis importantes na escena actual, chega a Ourense co seu propio grupo, que inclúe á saxofonista Sarah Hanna, unha das novas sensacións do saxo a nivel mundial.