José González, da Xunta, asistiu á entrega de premios da XXXI Festa do Cabalo de Maside
OurenseXa
José González puxo en valor esta tradicional cita equina que xa forma parte da tradición e da riqueza cultural do Concello de Maside
19 Aug 2024
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, asistiu á entrega de premios da XXXI Festa do Cabalo de Maside, celebrada na paraxe natural de Puzo do Lago, no lugar de Negrelle.
Alí, José González puxo en valor esta tradicional cita equina que xa forma parte da tradición e da riqueza cultural do Concello de Maside e que congrega cada ano a numerosos afeccionados e espectadores para participar dun programa de actividades que inclúe diferentes competicións e exhibicións, así como rutas a cabalo e xantar popular.
O titular de emprego salientou esta iniciativa como un claro exemplo do dinamismo do rural galego e da capacidade económica e turística do sector cabalar para seguir xerando riqueza e atraendo poboación.