José González mostra o seu apoio ao sector rural non mitin en Verín

OurenseXa
“Estamos ao carón dos produtores, da terra. Temos moi claras cales son as nosas prioridades, que definen a nosa acción de goberno”, dixo José González
PP_Mitin_Verin
Mitin do Partido Popular en Verín
16 Feb 2024

O titular de Medio Rural e número tres das listas do PP por Ourense, José González defendeu que o PP é o partido do sector primario, do rural. Gonzalez sinalou que "apoiamos este compromiso con feitos, que quedan ben plasmados nesta comarca, un epicentro da Lei da recuperación da terra agraria con ata 4 polígonos agroforestais -entre eles, Oímbra, que será o primeiro de Galicia en entrar en produción- e 3 aldeas modelo”.

 “Estamos ao carón dos produtores, da terra. Temos moi claras cales son as nosas prioridades, que definen a nosa acción de goberno”, dixo José González, que lembrou as advertencias ao Goberno polas distorsións provocadas pola nova PAC: “Por iso pedimos ao ministro Planas que deixe de prometer diálogo e defenda ao sector, liderando en Bruxelas a petición dunha moratoria inmediata de toda a nova lexislación que está afogando a agricultores e gandeiros”.

O sector primario da comarca ten un extraordinario potencial para seguir crecendo, e conta co máximo respaldo da Xunta en sectores centrais como o viño, a carne ou a horta, que contan coas cadansúas estratexias de potenciación.

A nosa aposta é ben clara, subliñou o candidato: “afondar na mobilización de terras, favorecer a remuda xeracional e a modernización do agro, cunha dotación orzamentaria no 2024 que chega aos 83 millóns de euros, e ao que sumaremos novas iniciativas como o bono mozo de incorporación ao rural.

A prevención dos incendios forestais é un asunto fundamental nunha comarca como Monterrei, cunha alta incidencia histórica de lumes. Así comprometeu o reforzo de infraestruturas preventivas -como a base aérea de Verín-Oímbra ou a nova base do distrito- con novas iniciativas como as áreas cortalumes, o fomento da gandaría en extensivo ou a implantación de figuras da lei de recuperación.

 

0.17144203186035