José Lameiras Vilanova presenta o seu novo poemario este venres en Ourense
O vindeiro venres 15 de marzo, terá lugar a presentación do novo poemario de José Lameiras Vilanova “En el frío de la Navaja”, con un formato de performance visual que se desenvolverá na Galería de Arte Dodo-Dadá de Ourense.
Ourensá de nacemento, durante moitos anos compaxinou a sua profesión como deseñador gráfico ca de músico. Como gráfico, relizou traballos, principalmente para o mundo das Artes Escénicas e o deseño discográfico. Como músico, foi baterista en varias bandas de Rock, exercendo tamén labores de compositor e letrista, de ahí o seu interese polos textos de artistas como Lou Reed, Patti Smith, Jin Morrison e Nick Cave, entre outros.
Seguindo estas lecturas interésase pola obra poética da Xeración Beat e de poetas nacionais próximos ao que se denomina Poesía da experiencia.
Con esta bagaxe, autoedita dous poemarios Entrega e Demolición - 2018 e Contragolpes, días de luz, días de cravos - 2019, este último integramente en galego. Algúns versos destes poemarios son revisitados para esta edición.
Con estes dous libros, participa en varios festivais de poesía en Galicia creando para iso un microespectáculo que incluía proxeccións e música en directo, co que cultiva reaccións moi positivas.
Entre 2022 e 2023 escribe No frío da navalla e por consello dos seus achegados, proba sorte no mundo editorial profesional. Sendo a editorial Cuadranta da cidade de Valencia quen decide editalo.
José Lameiras, participou como músico en directo na compañía teatral Imaxínaa Machina e é o creador e director do Festival de Arte e Poesía Explícita "Imos ter máis que palabras" na cidade de Ourense e do Festival de Poesía Performática "Poesía EnRiba" xunto co Museo Etnolóxico de Ribadavia entre outros festivais.