José Lino Monjardín inaugura unha mostra na Sala Valente

A Sala Valente inaugurará este martes ás 20:00 horas unha nova exposición nas súas instalacións, situadas na rúa do Paseo.
Trátase da mostra “Arsenal de la Quimera”, de José Lino Monjardín Fernández, que reúne medio cento de obras de mediano e grande formato, de técnica mixta á auga sobre papel, cun grande colorido e xogo cromático, pertencentes a este artista ourensán.
A exposición estará aberta ao público até o día 8 de marzo na sala municipal.