Juan Carlos Alonso presentará en Celanova o seu último libro 'El último maqui'

O próximo xoves 21 de agosto, ás 20:00 horas, a Casa dos Poetas acollerá a presentación do libro 'El último maqui', de Juan Carlos Alonso. O autor estará acompañado de Antonio Piñeiro, secretario da Fundación Curros Enríquez.
A obra recompón, a partir dun traballo rigoroso de investigación, a vida de Mario de Langullo, un home que pasou máis de tres décadas fuxido no monte resistindo a represión franquista. Segundo destaca Juan Carlos Alonso, “a historia de Mario é tamén a historia silenciada dunha parte do país que non se resignou a calar”.
Publicado pola editorial Almuzara, o libro afonda na figura de Langullo desde unha perspectiva humana e social, relatando non só os seus anos na clandestinidade, senón tamén o impacto que a súa presenza tivo no seu contorno e na memoria colectiva. A través de entrevistas, documentos e testemuños, Alonso constrúe un relato que combina biografía, crónica e reflexión histórica.