A Asociación veciñal Quince de Agosto mellora a accesibilidade e a eficiencia enerxética do seu local social

OurenseXa
A entidade recibiu unha subvención de aproximadamente 12.000 euros dentro do Plan Específico de Acción Comunitaria impulsado pola Xunta para a mellora das súas instalacións.
manuel-pardo-visita-avv-quince-de-agosto
10 Dec 2025

Case un cento de organizacións ourensás beneficiáronse do Plan Específico de Acción Comunitaria que a Xunta puxo en marcha, destinando este ano máis dun millón de euros na provincia para apoiar colectivos veciñais, asociacións de mulleres rurais e comunidades de usuarios de auga.

Entre elas, a Asociación veciñal Quince de Agosto, situada no concello de Ourense, recibiu unha axuda cercana aos 12.000 euros para mellorar a accesibilidade, a eficiencia enerxética e a seguridade do seu local. Esta mañá, o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou as instalacións para coñecer os avances logrados grazas a esta financiación.

Manuel Pardo destacou que o plan aumentou o seu orzamento nun millón de euros, acadando un total de 4 millóns, co obxectivo de fortalecer o asociacionismo veciñal como motor de dinamización social e cultural a nivel local. Segundo o delegado, “o obxectivo é apoiar ás asociacións para que desenvolvan actividades que repercutan no benestar da cidadanía, sendo colectivos próximos á veciñanza para atender e canalizar as súas demandas”.

O programa contempla dúas liñas de actuación: unha destinada a obras de acondicionamento, reforma e ampliación de locais de asociacións veciñais e de mulleres rurais, así como melloras en infraestruturas de auga comunitaria, cun orzamento de 3,4 millóns de euros; e outra para a dotación de equipamento e organización de actividades, con un orzamento de 600.000 euros. As axudas poden cubrir ata o 100 % do custo, cun máximo de 12.000 euros para obras e 5.000 para equipamentos.

No caso concreto da Asociación veciñal Quince de Agosto, as melloras incluíron a eliminación dun chanzó na entrada para facilitar o acceso a persoas con mobilidade reducida, mediante a construción dunha rampla de pedra. Tamén se substituíron as fiestras por outras de carpintería de aluminio con control solar e illamento térmico, que ademais incorporan persianas para reforzar a seguridade. Ademais, instalouse unha nova porta traseira que mellora o illamento e a seguridade, aumentando o confort da sala multiúsos, espazo destinado a cursos, eventos e actividades comunitarias.

⚙ Configurar cookies
0.083421945571899