Licitada por máis de 170.000 euros a rehabilitación do Centro de Especialidades e PAC de Ourense

OurenseXa
Realizaranse traballos que contribúan a aumentar a impermeabilidade do centro asistencial na cuberta e nas fachadas
centro-de-especialidade-sde-ourense
Centro de Especialidades de Ourense
14 May 2025

A Xunta publica no Portal de Contratos Públicos a licitación, por importe de 173.547 euros, da obra de rehabilitación de cuberta e fachadas do Centro de Especialidades e Punto de Atención Continuada da cidade de Ourense.

Realizaranse traballos que contribúan a aumentar a impermeabilidade do centro asistencial, xa que as fachadas exteriores presentan deficiencias que provocan unha maior presenza de humidades e oxidación dos materiais e a cuberta actual non garante unha boa estanqueidade do edificio.

Os traballos consistirán na substitución o material das fachadas e na reposición da cuberta para mellorar a conservación deste centro de especialidades e punto de atención continuada.

O contrato prevé un prazo máximo de execución dos traballos de tres meses, contados desde a súa formalización.

As empresas interesadas en participar neste procedemento teñen de prazo ata o 30 de maio para presentar as súas ofertas.

⚙ Configurar cookies
0.16064810752869