Los Secretos protagonizarán a IV edición do ‘Ciclo Rock entre pedra e poesía’

OurenseXa
Celebrarase o 22 de agosto no Claustro do mosteiro de San Salvador de Celanova
presentacion-rock-entre-pedra-e-poesia
Presentación da IV edición do ‘Ciclo Rock entre pedra e poesía’
22 May 2025

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou esta mañá, acompañado do director da área de Cultura e Deporte da Deputación Provincial, Marcos Vázquez, e do alcalde de Celanova, Antonio Puga, na presentación da cuarta edición do Ciclo Rock entre pedra e poesía, que se celebrará no Claustro do mosteiro de San Salvador de Celanova o 22 de agosto co concerto de Los Secretos.

O delegado territorial sinalou que "iniciativas como as que hoxe estamos a presentar, patrocinadas por Turismo de Galicia, coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense e do concello de Celanova, teñen como principal obxectivo, que a través da música de sempre, se resalten espazos de incalculable valor patrimonial e cultural como ten a provincia de Ourense".

Un modelo de evento que consiste nun formato cercano e deseñado acorde ao lugar onde se desempeña, deste xeito o claustro será a mellor escenografía posible para o espectáculo. Estes concertos están diseñados para un público asentado que disfrute de música de alta calidade en directo de maneira repousada e que saberá apreciar este evento respectando un marco único e incomparable

⚙ Configurar cookies
0.18251705169678