Luis Menor abre vías de cooperación da Deputación co Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas

OurenseXa
O presidente provincial, Luis Menor, recibiu á directiva do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas coa fin de abrir, establecer e reforzar vías de cooperación da institución provincial.
deputacion_ourense_colexio-oficial_enxeñeiros_tecnicos_agricolas_1
17 Jan 2024

O presidente provincial, Luis Menor, recibiu esta mañá na Deputación á directiva do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas,  que representa a preto de 270 colexiados na provincia, coa fin de abrir, establecer e reforzar vías de cooperación da institución provincial para a visibilización deste colectivo profesional, “tan importante para o medio rural e fundamental para o desenvolvemento do sector primario, tan importante nesta provincia”, destacou Menor.

Ademáis de colaborar na visibilización das funcións deste colectivo profesional, a Deputación tamén estudiará unha proposta sobre a creación dunha aplicación no ámbito vitivinícola, un “caderno de campo”, promovida por este colexio oficial e que está sendo apoiada con ofertas de carácter privado. Outra das vías de cooperación acordadas foi a posibilidade de que recén titulados en Enxeñería Técnica Agrícola desenvolvan as súas prácticas nos centros de traballo da institución provincial.

Á reunión de traballo asistiron o presidente do colexio oficial, Manuel Rojo López, así como o secretario Miguel Angel Viso e a tesoreira, Gloria Bernárdez.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18566083908081