Luis Menor agradece o esforzo e compromiso dos interventores e apoderados en Ourense
O presidente provincial estivo onte coa militancia activa do PP que Ourense que estará a xornada electoral nas 142 mesas electorais da cidade: “Somos un batallón de militantes e cargos que non ten comparación con otras formación, por iso somos quen de chegar a toda a provincia e cidade”.
O líder do PPdeOU e a cabeza de lista popular por Ourense, Luis Menor e Elena Rivo, respectivamente, mantiveron esta maña un almorzo cos interventores e apoderados que estarán o 18 de febreiro representando ao PP nas 142 mesas electorais de toda a cidade.
Luis Menor agradeceu a estes membros activos da militancia popular, “pola vosa presenza nun acto que considero imprescindible, debido e obrigado. Porque cómpre recoñecer o gran traballo que realizades elección tras elección, os máis de vós incluso repetindo nas mesas e sempre dispostos a responder á chamada do partido”
Menor proclamou que “só nos vale a maioría absoluta: para gobernar coa máxima lexitimidade e ofrecerlle a forza e a potencia ao noso presidente, Alfonso Rueda, para a súa primeira maioría absoluta. Por iso apelo ao voto útil, ao voto que coñecemos en Galicia, fronte ao barullo do resto de España.”
Elena Rivo pediu a interventores e apoderados que colaboren na mobilización de afiliados e xente próxima ao PP para que “demostremos a forza deste partido fronte ao fango dos populismos”.