Luis Piedrahita traerá a Ourense o seu novo monólogo

OurenseXa
O cómico reflexiona con ironía sobre o horóscopo e as autocaravanas, e demostra que o noso destino non está escrito nas estrelas nin nos mapas de estradas.
Luis Piedrahita
7 Xul 2024

Luis Piedrahita trae ao escenario do Auditorio Municipal de Ourense o seu novo monólogo 'Apocalípticamente correcto'. A función terá lugar o 26 de abril ás 20.30 horas.

Piedrahita investiga neste espectáculo os absurdos e contradicións da nosa vida cotiá coa intención de pescudar, dunha vez por todas, de que está feita a liberdade e para que serve.

O cómico reflexiona con ironía sobre o horóscopo e as autocaravanas, e demostra que o noso destino non está escrito nas estrelas nin nos mapas de estradas. Piedrahita arremete coa furia destrutiva dun cachorro contra temas controvertidos como o leite de soia, as anguías eléctricas, a choiva ou a liberdade de expresión.  Ademais, cuestionará algunhas verdades asumidas pola nosa sociedade como a existencia das anguías eléctricas ou os tornados. E ninguén pode dicirlle nada, porque Piedrahita fai isto por unha soa razón, polo motivo máis nobre que existe: porque lle dá a gana.

0.20797491073608