Luz Casal protagoniza a terceira edición do ciclo Rock entre Pedra e Poesía
O Mosteiro de San Salvador de Celanova acollerá este mércores, 24 de xullo, o concerto de Luz Casal na terceira edición do ciclo Rock entre Pedra e Poesía, que conta co apoio de Turismo de Galicia no seu compromiso por encher a oferta turística do verán galego e distribuíla polos distintos concellos.
Considerada como unha das artistas españolas con máis éxito internacional, Luz Casal acumula decenas de premios que destacan a súa condición de pioneira do rock en español. No concerto presentará o seu primeiro disco inédito en cinco anos, o máis autobiográfico da súa carreira.
O concerto celebrarase a partir das 22.00 horas e as entradas pódense mercar en Ataquilla a prezo de 35€. A actuación de Luz Casal toma a testemuña dos concertos en edición anteriores de Miguel Ríos (2022) e Javier Gurruchaga & La Orquesta Modragón y Revólver (2023).