M-Clan e Miguel Ríos actuarán nas Festas de Ourense de 2026

OurenseXa
O grupo murciano liderado por Carlos Tarque actuará o xoves 18 de xuño, mentres que o concerto de Miguel Ríos aínda non ten data confirmada
m-clan
19 Nov 2025

M-Clan e Miguel Ríos serán dous dos grandes protagonistas das Festas de Ourense de 2026. Así o anunciou esta mañá o Concello de Ourense, que xa está a preparar o programa para un dos eventos máis agardados da cidade.

O grupo murciano, unha das formacións máis icónicas do rock estatal, liderado por Carlos Tarque, actuará o xoves 18 de xuño xunto ao Pavillón dos Remedios nun concerto con entrada gratuíta. Esta xira especial, baixo o lema “trinta anos de música, estrada e moito rock”, celebra o 30 aniversario da banda, na que repasarán algúns dos seus temas máis coñecidos.

M-Clan é un dos grupos de rock máis populares e recoñecidos do panorama nacional, autor de numerosos éxitos que forman parte da historia do rock en España, e é coñecido por ofrecer un dos mellores espectáculos en directo do seu xénero.

Pola súa banda, o concerto de Miguel Ríos aínda non ten data confirmada, e o resto do programa farase público proximamente.

⚙ Configurar cookies
0.076464891433716