Maceda abre o prazo para anotarse no programa de acollida no Nadal

O Concello de Maceda abre o prazo para anotarse no programa de acollida no Nadal, dirixido aos nenos e nenas da vila para facilitar a conciliación durante as vacacións de inverno.
O programa desenvolverase os días 22, 23 26, 29 e 30 de decembro e 2, 5 e 7 de xaneiro en horario de 7:30 a 16:00 horas. Ademais, dende o Concello explican que os nenos e nenas inscritos irán a Duendelandia de 10:30 a 13:30 horas, cun prazo de 15 euros para empadroados e 20 para non empadroados.
As actividades de acollida diríxense ao alumnado do CEIP de Maceda xa inscrito en Acollida, ou a aqueles non inscritos pero que si estean empadroados no Concello e cumpran cos requisitos. O prazo de inscición remata o 17 de decembro.