Maceda acollerá un festival de charangas para celebrar o X Aniversario da Felga

O 30 de agosto, Maceda celebrará o X aniversario da charanga A Felga co Felga Fest, unha cita musical que contará con cinco horas de charangas na rúa para celebrar o seu aniversario.
O evento reunirá ás formacións Caliqueños Charanga, Charanga TdB e Charanga Achicoria, que ofrecerán actuacións ao longo da xornada.
A organización, que conta con diversos colaboradores, avanza que haberá máis sorpresas, que se irán anunciando a través das súas redes sociais.