Maceda celebra a súa XVII Cea Popular este venres

Maceda acollerá este venres, 8 de agosto, a XVII edición da súa tradicional Cea Popular, unha cita xa habitual do verán na vila e que reúne veciñanza e visitantes arredor dunha mesa compartida.
O menú, cun prezo de 20 euros para adultos, incluirá empanada variada, lacón braseado, churrasco mixto, bica, café e chupitos. Os nenos e nenas de ata 5 anos poderán asistir de forma gratuíta, mentres que para os de entre 6 e 12 anos o prezo será reducido, de 10 euros.
A organización tamén ofrecerá unha opción de menú vegano, dispoñible polo mesmo prezo. As persoas interesadas neste menú deberán comunicalo previamente enviando nome e apelidos ao correo electrónico: cultura@concellodemaceda.org.
O prazo para adquirir os tickets estará aberto ata o mércores 6 de agosto, data límite para garantir a participación na cea.
A cita promete ser, un ano máis, un punto de encontro para desfrutar da gastronomía local e da convivencia veciñal en ambiente festivo.