Maceda celebra o Día do Cómic, da Narración Oral, da Poesía e do Teatro este domingo

OurenseXa
Haberá contacontos e unha sesión de poesía a cargo de Pepe de Celeirón
dia-comic-maceda
21 Mar 2026

Este domingo 22 de marzo, ás 11:30 horas, a Praza Benigno Álvarez acollerá un acto aberto a todos con motivo da celebración do Día do Cómic, da Narración Oral, da Poesía e do Teatro en Maceda.

A programación inclúe unha sesión de poesía a cargo de Pepe de Celeirón, así como contacontos para grandes e pequenos ofrecidos polo grupo de contacontos do Centro Sociocultural. Será unha mañá dedicada á emoción, á imaxinación e ao encontro coas palabras, pensada para gozar da cultura e da creatividade en familia.

0.13648891448975