Maceda celebra o Día do Libro Infantil e Xuvenil con actividades na Biblioteca

A Biblioteca de Maceda acollerá diferentes propostas con motivo da conmemoración do Día do Libro Infantil e Xuvenil, que se celebra o 2 de abril, cun programa pensado para fomentar a lectura, a imaxinación e a creatividade entre o público máis novo e as familias.
As actividades comezarán o 1 de abril ás 11:30 horas cun obradoiro de bombas de sementes, unha proposta que combina a aprendizaxe e o contacto coa natureza. Xa o 2 de abril, haberá unha sesión de cine na biblioteca con dúas proxeccións: ás 18:00 horas poderase ver “O Grúfalo”, dirixida aos máis pequenos, e ás 19:00 horas proxectarase “Salta!”, recomendada para maiores de 8 anos.