Maceda entregou os premios do sorteo do VI Concurso de Tapas

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Maceda en colaboración co Concello de Maceda organizou durante a Semana Santa a sexta edición do Concurso de Tapas de Maceda, cun gran éxito de participación entre a veciñanza.
Entre o 16 e 0 20 de abril, dez bares da vila ofreceron tapas por tres euros entre as 20.00 e as 23.00 horas. Os clientes recibiron unha cartilla coa que entraron a participar nun concurso que vén de entregar os seus premios: unha tarxeta regalo que inclúe un Spa para dúas persoas, unha cena e un bono de lectura valorado en 50 euros.
Os locais participantes nesta edición foron Tapería Castillo, Bar Teixeira, A Cervexería, Porta Sacra, Casa Rosa, Bar A Sala, A fenda, O Mioco, Bar Lúa e A Tapa. O establecemento máis votado será o gañador desta edición. O gañador desta edición foi o bar A Tapa coa súa focaccia, que recibiu 22 dos 72 votos contabilizados.
A actividade, organizada de forma anual, ten como fin promover o movemento e a participación tanto de empresarios como de clientes asiduos aos establecementos da vila.