Maceda mellora a accesibilidade na piscina municipal coa instalación dunha cadeira adaptada

OurenseXa
Co obxectivo de que todos os veciños e veciñas poidan desfrutar deste espazo lúdico e deportivo
maceda-piscina
22 Jul 2025

O Concello de Maceda deu un importante paso para facer máis accesible a súa piscina municipal coa posta en funcionamento dunha cadeira que facilita o acceso ao vaso da piscina.

Esta novidade forma parte das actuacións promovidas polo Grupo de Goberno co obxectivo de que todos os veciños e veciñas poidan desfrutar dun espazo lúdico e deportivo fundamental durante o verán.

Desde o Concello, insisten en que esta cadeira debe usarse con responsabilidade e recomendan que se fale cos socorristas para garantir un uso adecuado e seguro do equipamento. Esta iniciativa reflicte o compromiso da administración local coa inclusión e a igualdade no acceso aos servizos públicos.

 

⚙ Configurar cookies
0.15316009521484