Maceda organiza un Caldo de Gloria este domingo

OurenseXa
Será a partir das 12:00 horas na Praza das Toldas
caldo-de-gloria-maceda
28 Feb 2026

O Concello de Maceda súmase á conmemoración do Caldo de Gloria este domingo, 1 de marzo, coincidindo co Día da Lingua Materna. A cita terá lugar ás 12:00 horas na Praza das Toldas.

A iniciativa busca render homenaxe a Rosalía de Castro e poñer en valor as distintas linguas e culturas que conviven no municipio. Durante o acto repartirase caldo de gloria para todas as persoas asistentes.

0.12151193618774