Máis de 1.000 escolares da provincia asistirán este xoves á representación “The European Odyssey”

A programación de teatro para escolares de Afundación en Ourense inclúe mañá xoves 15 de xaneiro a obra “The European Odyssey”, a cargo de On Stage Company. A representación terá lugar no Auditorio Municipal de Ourense en dúas sesións, ás 10:00 e ás 12:00 horas.
Case 1.000 estudantes de dez centros educativos de Ourense e arredores participarán nesta proposta dirixida a alumnos de 1º a 4º de ESO. A obra é un teatro participativo que utiliza o inglés como vehículo para a aprendizaxe de forma divertida e práctica.
A historia segue un grupo de estudantes estadounidenses no seu viaxe de fin de curso por Europa, onde, tras perder ao seu guía, deberán enfrontarse a situacións inesperadas mentres intentan recuperar as súas maletas. A trama combina mitoloxía clásica e equívocos culturais para transmitir a mensaxe de que o que une ás persoas é moito máis do que as separa.
Esta actividade forma parte da programación educativa de Afundación, promovida pola Obra Social de ABANCA, que busca reforzar a formación dos estudantes a través das artes escénicas. Ademais de fomentar a competencia lingüística, a iniciativa persegue promover valores como a solidariedade, a creatividade e o traballo en equipo, e desenvolver habilidades sociais mediante experiencias participativas.