Máis de 1.200 estudantes ourensáns arrancan este martes a EBAU
Máis de 1.200 estudantes de bacharelato prepáranse en Ourense para as probas da EBAU que comezan este martes en cinco centros ourensáns e que se desenvolverán ata o xoves, 6 de xuño.
Rapaces e rapazas procedentes de toda a provincia chegarán este martes ao campus de Ourense para facer os exames de acceso á universidade durante tres xornadas de probas que se desenvolverán na Facultade de Dereito, na Faculdade de Historia, Educación e Traballo Social, na Facultade de Ciencias Empresarias e Turismo e no Edifico Politécnico do Campus. As probas realizaranse tamén no IES Cosme López Rodríguez de A Rúa para os rapaces do IES Carlos Casares, o IES Cosme López Rodríguez, o IES Lauro Olmo, o IES Martaguisel, o CPR Pablo VI Fátima, o IES de Quirog e o IES Xermán Ancochea Quevedo. Para o resto de centros da provincia, as probas terán lugar na capital.