Máis de 100 familias do Pereiro de Aguiar benefícianse da Aula Concilia

OurenseXa
O servizo ofrece atención a preto de 140 menores entre os meses de xuño e setembro
aula-concilia-pereiro-nadal
Aula Concilia, Pereiro de Aguiar
13 Jun 2025

O Concello do Pereiro de Aguiar continúa durante este ano ofrecendo un dos seus servizos máis valorados, a Aula Concilia, un programa gratuíto de conciliación familiar que atende a nenos e nenas de 3 a 12 anos durante o curso escolar e as vacacións.

Este verán, máis de 100 familias solicitaron o servizo, que atenderá a preto de 140 menores desde xuño ata setembro, cun horario adaptado de 7:30 a 14:30 horas. Grazas á organización en quendas semanais, garántese unha mellor atención a todos os usuarios.

O programa, iniciado en 2008, conta co recoñecemento do Plan Corresponsables da Xunta de Galicia, que este ano concedeu a máxima axuda ao Concello, destacando a continuidade e a calidade do servizo.

A gratuidade da Aula Concilia facilita que as familias traballadoras do municipio poidan conciliar a vida laboral e familiar sen custe adicional.

⚙ Configurar cookies
0.16590595245361