Máis de 100 familias quedan en lista de agarda para as axudas a comedores escolares do Concello de Ourense
OurenseXa
O Concello de Ourense vén de publicar o listado provisional de admitidos para as axudas de libros de texto, material escolar e comedores do curso 2024/2025
2 Ago 2024
O Concello de Ourense vén de publicar o listado provisional de admitidos para as axudas de libros de texto, material escolar e comedores do curso 2024/2025.
En canto ás axudas a comedores, das 409 que cumpren os requisitos para a súa concesión, 101 quedarán en lista de agarda por falta de fondos, tendo en conta os importes de 80.775 euros para o ano 2024 e 188.475 euros para o ano 2025.
En canto a libros e material escolar, tan so 154 familias cumpren cos requisitos establecidos polo Concello, mentres que 466 quedan fora.