Máis de 2.300 escolares de 48 centros educativos da provincia de Ourense aprenden sobre reciclaxe a través do teatro

OurenseXa
A compañía Odaiko Percussion Group trae ao Auditorio Municipal de Ourense, a través de Afundación, a súa función ‘RRRedobra. A sinfonía do cambio’
foto-rrrredobla
Imaxe da función ‘RRRedobra. A sinfonía do cambio’
25 Mar 2025

Afundación, a Obra Social de ABANCA, presenta esta semana no Auditorio Municipal de Ourense a proposta escénica para escolares ‘RRRedobra. A sinfonía do cambio’, de Odaiko Percussion Group, dirixida ao alumnado de 3.º e 4.º de educación primaria, á que asistirán máis de 2.300 estudantes procedentes de 48 centros educativos de Ourense e localidades da contorna.

Nun mundo con escaseza de materias primas e un exceso de residuos, chegou o momento de dar son ao cambio coa Sinfonía do cambio, onde o gran atractivo serán os instrumentos creados pola compañía a partir de materiais reciclados: o botellófono, a batería de bidóns, o tecno tubo e a galesamba, entre outros.

As artes escénicas teñen unha relevancia especial dentro da programación para escolares que deseña cada curso o equipo da área educativa de Afundación, co obxectivo de reforzar a formación que o alumnado recibe nas aulas. Esta programación está deseñada para promover unha educación en valores e competencias transversais, potenciando o talento, a autonomía, a solidariedade, a creatividade, a autoestima e o traballo en equipo.

Neste sentido, as artes escénicas considéranse unha das ferramentas educativas máis eficaces para estimular a capacidade de observación do alumnado, fomentar o diálogo e a reflexión, e desenvolver habilidades sociais.

⚙ Configurar cookies
0.30010199546814