Máis de 200 estudantes ourensáns participaron esta semana nas tertulias do Liceo

A Concellería de Educación do Concello de Ourense e a Deputación de Ourense están a desenvolver o programa ‘Tertulias Literarias’, unha actividade que busca fomentar a lectura entre a mocidade.
Os días 11 e 12 de xuño, na sala de tertulias do Liceo de Ourense, 225 estudantes de Secundaria e Bacharelato e 30 docentes participaron na tertulia en castelán, centrada no libro La mala costumbre, de Alana S. Portero. Neste encontro, fixeron unha posta en común de experiencias e ideas arredor do libro e da lectura. A concelleira de Educación, Tamara Silva, asistiu á actividade.
Hai dous meses desenvolveuse a tertulia en galego, na que rapaces e rapazas tiveron a oportunidade de intercambiar impresións, experiencias e ideas en torno ao libro Indolente, de Alberto Mancebo.