Máis de 300 familias de Barbadás participan no programa de compostaxe doméstica

OurenseXa
O Concello é pioneiro na provincia de Ourense nas campañas de recollida separada de biorresiduos
barbadas-compostaxe
Xornada sobre compostaxe en Barbadás
30 Apr 2025

Barbadás continúa coa súa compaña sobre compostaxe doméstica co reparto de composteiros entre a veciñanza. Este martes, durante un evento de formación sobre compostaxe doméstica celebrado no Centro Empresarial Transfronteirizo, entregáronse 30 composteiros a novas familias de Barbadás.

De esta forma, e tal e como destacou o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, xa son máis de 300 familias de Barbadás as que participan no programa de compostaxe doméstica, afianzando o compromiso de Barbadás co medio ambiente e coa reciclaxe como motor de aproveitamento de residuos.

A Tenente de alcalde, Victoria Morenza, puxo en valor que Barbadás é pioneiro na provincia de Ourense nas campañas de recollida separada de biorresiduos.

As persoas interesadas en recibir un composteiro poderán facelo poñéndose en contacto na dirección de correo electrónico residuos@barbadas.es ou por correo no 647 521 464.

⚙ Configurar cookies
0.15644693374634