Máis de 300 nenos e nenas inaugurarán o Entroido de Ourense coa tradicional batalla de Comadres e Compadres

OurenseXa
Oito colexios da cidade —Vistahermosa, Mestre Vide, Manuel Sueiro, As Mercedes, O Couto, Maristas e o CEE Miño— participarán nesta edición
nenos-comadres-ourense
23 Jan 2026

Ourense dará oficialmente a benvida ao Entroido de 2026 o Xoves de Comadres, que este ano será o 12 de febreiro, na Praza Maior de Ourense coa tradicional batalla de Comadres e Compadres

Unhas 340 alumnas e alumnos de primeiro a cuarto de Educación Primaria, xunto con estudantes de Educación Especial de oito colexios da cidade —Vistahermosa, Mestre Vide, Manuel Sueiro, As Mercedes, O Couto, Maristas e o CEE Miño— participarán nesta edición.

Previo ao evento, nos propios centros educativos levaranse a cabo obradoiros impartidos por profesionais, onde o alumnado elaborará os seus compadres e comadres e coñecerá o significado histórico desta tradición.

A actividade principal desenvolverase entre as 11:30 e as 13:00 horas na Praza Maior, coa seguinte programación. Ás 11:30 comezarán as loitas de compadres, onde as nenas defenderán as súas figuras ante os intentos dos nenos por capturalas. Ás 12:00 será o turno das loitas de comadres, con os nenos protexendo as súas figuras fronte ás nenas. Ademais, haberá música e actividades para fomentar a convivencia e a participación nunha das tradicións máis queridas da cidade.

⚙ Configurar cookies
0.084359884262085