Máis de 60 persoas participan nunha concorrida clase de ioga en Esgos

A Praza da Souteira en Esgos converteuse nun espazo para a relaxación e o benestar coa celebración dunha clase aberta de ioga dirixida pola monitora Estela Castro. A actividade, organizada polo Concello de Esgos, contou cunha excelente acollida, superando as 60 persoas inscritas.
Dirixida a todos os públicos e aberta a todas as idades, a sesión promoveu a práctica do ioga como ferramenta para mellorar a saúde física e mental. Como detalle, o Concello agasallou a cada participante cunha camiseta conmemorativa da xornada.
O éxito da convocatoria reflicte o interese crecente da veciñanza por actividades de benestar e vida saudable ao aire libre, consolidando este tipo de propostas como parte do calendario de verán no municipio.