Máis de 70 establecementos participaron na X Shopping Night Ourense

OurenseXa
O evento estivo organizado unha vez máis polo Centro Comercial Aberto de Ourense, co apoio da Xunta
shopping-night-ourense
Shopping Night Ourense 2025
3 May 2025

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou na tarde deste venres no acto que deu inicio á décima edición da Shopping Night Ourense. O evento organizado polo Centro Comercial Aberto de Ourense conta con máis de 70 establecementos participantes, os cales terán un horario especial de apertura ao público ata ás 23.00 horas, no que se repartiron entre a clientela vales e participacións para degustacións. Tamén se celebrou unha xincana para os máis pequenos.

O director xeral aplaudiu a iniciativa, que conta co apoio do Executivo galego, como un elemento máis de dinamización, non só do comercio local, senón da propia cidade de Ourense en xeral.

Gabriel Alén resaltou ademais que o Plan Estratéxico do Comercio 2025-2030 recolle entre as máis de 70 accións específicas, unha serie dirixida exclusivamente aos Centros Comerciais Abertos, creando un rexistro oficial para dotalos dunha maior entidade, competitividade e visibilidade, potenciando a súa imaxe, así como liñas de apoios centradas en proxectos de dinamización comercial de valor engadido, sendo a Shopping Night Ourense un exemplo dos proxectos beneficiados.

⚙ Configurar cookies
0.18497490882874