Máis de 700 escolares ourensáns festexaron o Día das Letras Galegas

OurenseXa
O alumnado dos colexios da cidade rendeulle homenaxe ás letras e á poeta homenaxeada, a través de cancións, bailes, poesías e manifestos
O alumnado de Ourense festexa o Día das Letras Galegas
17 May 2024

Máis de 700 escolares dos centros educativos da cidade participaron este xoves no acto de celebración do Día das Letras Galegas 2024, que organizou a Concellería de Educación do Concello de Ourense. Durante preto de 2 horas, nenas e nenos de 9 colexios de Ourense rendéronlle homenaxe ás letras e á autora homenaxeada este ano, Luísa Villalta, a través da interpretación de cancións e bailes tradicionais e modernos, lectura de poemas e manifestos que previamente prepararon nos seus centros coa participación de 38 profesores e profesoras.

O acto comezou coa benvida por parte da concelleira de Educación, Tamara Silva, trala que se sucederon as diferentes actuacións. Alumnado de Primaria do CEIP Vistafermosa leu un manifesto da súa autoría, CEIP  Mestre Vide cantou o himno galego, O Couto leu a poesía A primavera, Luis Vives interpretou a Muiñeira de Chantada, Padre Feijóo cantou a coro a cantiga O cuco, Vistafermosa bailou Millo verde, Albino Núñez interpretou a cantiga galega O Verdegaio, San Pío o baile Ana quere pan, Mestre Vide interpretou a cantiga Lela, Vistafermosa bailou unha muiñeira, O Couto a cantiga moderna Anímate a falar galego e o grupo Mondra, o baile Troupele. A continuación, o coro do Padre Feijoo interpretou  Eu son, Vistafermosa realizou un baile de zocos, Padre Feijoo interpretou un rap, e a alumna Helena Iglesias do Mestre Vide recitou o poema Cantemos. O acto rematou cunha pandeiretada da Asociación Loureiro, do Couto.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18374490737915