Máis de 900 bailaríns cítanse en Ourense no Concurso Nacional de Danza CND España

OurenseXa
A cita desenvólvese durante esta fin de semana no Auditorio e na Escola de Música Municipal
cnd-españa
22 Mar 2025

Máis de catro mil persoas visitan a cidade de Ourense durante esta fin de semana con motivo do Concurso Nacional de Danza CND España, no que colabora o Concello de Ourense, e que se desenvolverá no Auditorio e na Escola de Música Municipal.

O concurso CND Danza é, segundo sinala o goberno municipal, o maior evento de danza de España, polo cal pasan cada ano numerosos artistas que demostran o seu talento sobre o escenario. Non é unha competición senón un concurso que procura a harmonía e a amizade cun intercambio artístico entre as escolas, explican. Esta actividade é unha iniciativa da Ópera Nacional de Francia, que desenvolve en Ourense unha das súas fases clasificatorias en España.

O concurso reuniu en 2024 en Ourense un total de 520 concursantes, que visitaron a cidade acompañados dos seus familiares e mestres. Para esta cuarta edición hai inscritos 933 concursantes, de 8 a 20 anos de idade, o que supón case un 50% máis ca no ano anterior.

O Concello de Ourense, que colabora con esta iniciativa, entende que “o evento supón a presencia na cidade dun importante número de visitantes, máis de 4.000 persoas segundo das previsións da organización, o que sempre supón un empurrón á hostalaría e á restauración local”.

⚙ Configurar cookies
0.84674000740051