Máis dun cento de persoas participaron en Allariz na celebración do Día de Galicia

O pasado 24 de xullo, o Concello de Allariz organizou unha celebración con motivo da Festa da Patria Galega nos xardíns do Museo do Coiro. A cita reuniu veciñanza e visitantes nunha xornada marcada pola identidade galega e o ambiente festivo.
A partir das 21:30 horas tivo lugar unha cea campestre, amenizada polo Cuarteto Par de Par, na que se puideron degustar pratos tradicionais como polbo e churrasco.
Á medianoite deuse paso á lectura do bando para dar a benvida ao Día da Patria Galega, tras a cal a Orquestra Bravú Xangai – Os Saxofóns de Occidente puxo o peche musical á velada. Desde o Concello agradecen a participación da veciñanza nesta celebración popular.