Máis dunha decena de agrupacións musicais participarán na II Xuntanza de Músicos de Ourense

O Campo da Feira acollerá o vindeiro sábado, 22 de novembro, a segunda edición da Xuntanza de Músicos de Ourense, unha iniciativa do músico ourensán Miguel Domínguez, que pretende lembrar os músicos ourensáns que nos deixaron recentemente, coincidindo coa celebración da festividade da padroa dos músicos, Santa Icía.
A actividade comezará ás 13.30 horas cun xantar de confraternidade, seguido das actuacións de varios grupos musicais de Ourense, entre as 15:30 e as 19:30 horas. Ata o momento, o evento cona con 11 grupos confirmados, que interpretarán 3 cancións cada un. Serán en total 52 músicos os que subirán ao escenario durante as 4 horas de música en directo previstas para a xornada. A entrada para as actuacións é gratuíta.
A xuntanza foi presentada esta mañá no Concello, que patrocina este evento que comezou en 2023 no restaurante Praia Club de Oira, acadando un gran éxito de participación tanto de grupos como de público.
A organización ten aínda aberto o prazo de inscrición para os grupos que desexen actuar a través do teléfono 659 549 899, mentres que as persoas que desexen acudir á comida poden reservar nos teléfonos 670 361 234 e 659 549 899. O acceso para ver os concertos é de balde e de acceso libre, polo que non é preciso anotarse.