Máis dunha trintena de curtas de comedia formarán parte da oitava edición do Festival RiR

A vila de Allariz foi esta mañá o escenario da presentación oficial da 8ª edición do Festival RiR, que se celebrará entre o 30 de agosto e o 6 de setembro. A presentación tivo lugar no mesmo espazo que serviu de escola de Don Gregorio na película A lingua das bolboretas, converténdose así nun símbolo da relación do festival coa cultura e o audiovisual.
O acto contou coa participación dos directores do festival, Óscar Doviso e José Freiría; da alcaldesa de Allariz, Cristina Cid; do concelleiro de Cultura, Alberto Conde; e do deputado provincial César Fernández. Durante a rolda de prensa, déronse a coñecer os detalles dunha programación diversa que incluirá espectáculos teatrais, música, actividades paralelas e encontros con artistas, ademais dunha ampla selección de curtametraxes.
Este ano, competirán na sección oficial un total de 36 curtas, que estarán divididas en varios bloques temáticos, consolidando o festival como unha referencia no eido do humor audiovisual e socialmente comprometido.
Un dos momentos destacados será a entrega do Premio RiR Contigo 2025, que nesta edición homenaxea ao viñetista ourensán Xosé Lois González, coñecido polo seu traballo coa personaxe Carrabouxo, en recoñecemento á súa traxectoria ligada ao humor gráfico en galego.
A deseñadora Soraya Picouto, autora do cartaz deste ano, explicou o seu significado cunha imaxe na que unha cámara de cine rega flores grises que acaban florecendo en cores. “Quixen representar o poder do humor e da cultura para devolvernos a alegría cando todo semella gris”, explicou a artista.
César Fernández, deputado de Cultura da Deputación de Ourense, puxo en valor o labor cultural que se desenvolve en Allariz e destacou a importancia de proxectos como o RiR para achegar a cultura ao conxunto da provincia.
Pola súa banda, a alcaldesa Cristina Cid agradeceu a continuidade do festival na vila, remarcando o seu impacto na economía local e na vida cultural de Allariz. Subliñou que o RiR “non só enriquece a economía local, senón que tamén fomenta e sementa cultura”. Tamén destacou o crecemento sostible do evento e o seu compromiso coa responsabilidade social e ambiental, animando á veciñanza e visitantes a participar nunha edición que “promete sorprender cunha programación diversa, de calidade e para todos os públicos”.
A programación abrirase cunha xornada especial dedicada ao 25 aniversario da película ‘A lingua das bolboretas’, dirixida por José Luis Cuerda, un filme que deixou unha fonda pegada na vila pola súa rodaxe en diferentes localizacións de Allariz.
As curtas participantes nesta edición serán as seguintes:
BLOQUE DOCU-MOCKU
- 'Peras al horno' – Anaís Ramos e Pablo Porcuna (España, 3’)
- 'Calvos' – Álvaro Moriano (España, 10’)
- 'La Boda' – Andrea Bilbao (España, 13’)
- 'Selftape' – Sergio Álvarez (España, 5’)
- 'The chicken hunter' – Liam Darg, David Nieto e Pedro Muñoz (España, 4’)
- 'Los horrores de la guerra' – Manolo Orellana (España, 9’)
- 'Como si con la comida se pudiera repartir cariño' – Alberto Cruzado (España, 5’)
- 'Perromaquia' – Borja López Ferrer (España, 7’)
- 'La pared de gotelé más bonita del mundo' – Alberto Cruzado (España, 12’)
- 'Las ovejas del planeta Tierra' – Arturo Mombiedro e Julia Reina (España, 5’)
BlOQUE 1
- 'Sweet Cabanyal' – Anna Juesas e Sonia Sánchez (España, 5’)
- 'Siesta' – Javier Gómez Bello (España, 3’)
- 'Rojo y verde' – Andrés Suárez e Miguel Almánza (España, 10’)
- 'El dibujo' – Rixit Olivé Roca (España, 9’)
- 'En la más vil ruina' – Gabriel Molinaro (Uruguay, 9’)
- 'La banda' – Delia Márquez Sánchez e Leonor Jiménez Moreno (España, 15’)
- 'La reina del Pop' – David Goñi (España, 14’)
- 'Cortes tontos' – Lionel Marrero (España, 10’)
BlOQUE 2
- 'Conquerors' – Eloi Tomás (Honduras, 8’)
- 'Irrelevante' – Joel Munu (España, 4’)
- 'Le Dérapage' – Aurelien Laplace (Francia, 15’)
- 'Plazer Bat' – Sonia Estévez (España, 4’)
- 'Trece gatos' – David Gaspar (España, 13’)
- 'Operación 5 Jotas' – José María Sánchez (España, 14’)
- 'Hell troops' – Emilio Gallego e Jesús Gallego (España, 9’)
- '003' – Daniel Chamorro (España, 2’)
- 'El plan' – Edu Monreal (España, 6’)
BLOQUE 3
- 'La pandilla del Capitán Mondongo' – Emilio Gallego e Jesús Gallego (España, 12’)
- 'Ghosting' – Yago Casareigo (España, 8’)
- 'Al fresco' – Ignacio Rodó (España, 8’)
- 'Los globos de agua' – Madeleine de Barbara Dupont (Francia, 5’)
- 'La Mort' – Jesús Martínez 'Nota' (España, 13’)
- 'Boca de asno' – Carlos Calvar Tomé (Galicia, 9’)
- 'Zulú' – Eugenio Cortegoso (Galicia, 2’)
- 'Te debo una' – Santi Capuz e Diego Jiménez (España, 11’)
- 'Roba estesa' – Xavier Pijuan (España, 7’)